Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE ORTIGUEIRA ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O PROGRAMA DE CONCILIACIÓN “SENCOLENOCOLE”

A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para apuntarse no programa “Conciliortigueira. Sencolenocole” que se organizará durante as vacacións de Nadal. Trátase dunha iniativa gratuíta dirixida a nenos e nenas empadroados en Ortigueira para que os seus pais e nais teñan máis facilidades á hora de conciliar a vida laboral e a familiar.

Sencolenocole desenvolverase os días 23, 28, 29 e 30 de decembro e 4, 5 e 7 de xaneiro do 2021 nas instalacións do CEIP José María Lage. O horario será de 9.00 a 14.00 horas.

As inscricións realizaranse no Centro de Información á Muller ata o 16 de decembro ou ata completar as prazas, que son un total de 20.

O programa está cofinanciado pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo.

Back to top