Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DÁ A COÑECER AS PERSOAS GAÑADORAS DO CERTAME DE MICRORRELATOS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

O Concello de Ortigueira deu a coñecer hoxe, coincidido co Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, os nomes das persoas gañadoras do certame de microrrelatos organizado para conmemorar esta data. Presentáronse un total de 58 traballos, 50 na categoría xuvenil e 8 na de adultos, e as persoas gañadoras foron as que firmaron cos pseudónimos Eumelia e Ánxela, respectivamente. En breve fixarase unha data para a entrega dos premios, que consisten en senllas tablets. Desde a institución municipal agradécese a participación e a implicación de todas as persoas que presentaron os seus microrrelatos.

Para a elección dos traballos gañadores o xurado valorou especialmente o estilo de redacción, a mensaxe transmitida e a utilidade do texto para a sensibilización social da veciñanza e da comunidade na prevención e erradicación da violencia de xénero.

Microrrelato Eumelia

Microrrelato Ánxela

Back to top