Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO ANIMA A EMPRESAS E AUTÓNOMOS A PRESENTAR SOLICITUDES PARA AS SUBVENCIÓNS DO PLAN DE EMPREGO LOCAL DA DEPUTACIÓN

O Concello de Ortigueira anima as pemes e autónomos do municipio a presentar as súas solicitudes para optar ás subvencións das diferentes liñas de axuda do Plan de Emprego Local que acaban de ser convocadas pola Deputación. As diferentes posibilidades son:

  • Liña PEL Emprende Investimento, para contribuír á consolidación e fortalecemento do tecido empresarial a través do apoio para investimento en bens inventariables.
  • Liña PEL Autónomos, para o fomento do emprendemento e traballo por conta propia.
  • Liña PEL Pemes Creación e Ampliación, para incrementar o cadro de persoal de pequenas, medianas e microempresas.
  • Liña PEL Pemes Mantemento, para manter o cadro de persoal.

O prazo de presentación está aberto desde hoxe ata o 15 de abril ás 14.00 horas e poden tramitarse as subvencións a través da web www.dacoruna.gal.

Back to top