O Concello agradece á Axencia Galega de Emerxencias a entrega dun novo vehículo para o GES de Ortigueira
- Conta cun equipamento tecnolóxico de última xeración, que inclúe unha cámara térmica, un ventilador de extracción, un depósito de auga, un sistema de presión alta, dous equipos de respiración autónomos e un equipo de escalada
- Juan Penabad destaca que “desde ou Concello de Ortigueira queremos poñer en valor o labor e o esforzo desempeñado por este grupo nos 25 anos que leva existindo, e desde o equipo de goberno queremos mostrarlles o noso apoio para facilitar, na medida do posible, o desempeño das súas tarefas”
O Concello de Ortigueira agradeceu esta mañá á Axencia Galega de Emerxencias a entrega dun novo vehículo de primeira saída para o GES.
A unidade conta cun equipamento tecnolóxico de última xeración, que inclúe unha cámara térmica, un ventilador de extracción, un depósito de auga, un sistema de presión alta, dous equipos de respiración autónomos e un equipo de escalada.
Con estes novos materiais mellorarase a maquinaria do equipo para realizar as saídas necesarias dunha forma máis segura e con maiores garantías.
A Axencia Galega de Emerxencias fará entrega dun total de 6 vehículos para toda Galicia, dos que un lle corresponde a Ortigueira, que ten un custo de 109.293 euros.
Por último, Penabad destaca que “desde o Concello de Ortigueira queremos poñer en valor o labor e o esforzo desempeñado por este grupo nos 25 anos que leva existindo, e desde o equipo de goberno queremos mostrarlles o noso apoio para facilitar, na medida do posible, o desempeño das súas tarefas”.
O servizo na actualidade está cofinanciado pola Administración local, a Deputación e a Xunta de Galicia.
En 2022 o GES de Ortigueira cumpría 25 anos desde a súa creación, que na actualidade opera nos concellos Ortigueira, Mañón, Cariño, Cerdido, Cedeira, Moeche e As Somozas, prestando o seu servizo a unha zona que suma 20.000 habitantes.