Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO ACHEGA AOS FOGARES DE ORTIGUEIRA UN BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL

A publicación terá carácter bimestral e recolle no seu primeiro número as obras de acceso a Loiba; un mapa cos investimentos realizados, en marcha ou previstos e fotogafías da Gala do Deporte, entre outros contidos

Xa está na rúa o primeiro número do novo boletín informativo do Concello de Ortigueira, unha ferramenta coa que o goberno local quere reforzar a información municipal aos veciños e veciñas. A publicación, que se editará cada dous meses e consta de oito páxinas, envíase por correo a tódolos domicilios de Ortigueira.

O seu obxectivo é cumprir coa obriga de informar da actividade e o traballo que desenvolve o goberno, achegándoa á cidadanía. Ademais, as entidades e asociación da localidade teñen tamén espazo neste boletín para divulgar as súas actividades. Inclúense tamén teléfonos de interese dos servizos públicos.

Este primeiro número adica a súa portada ao proxecto de mellora dos accesos a Loiba, que suporá un investimento de 1,2 millóns de euros e que ten como obxectivos adaptar o vial ao numeroso tráfico que recibe e mellorar a seguridad da estrada. Os traballos serán financiados pola Deputación Provincial da Coruña e o Concello celebrou xa unha primera reunión cos veciños para explicar os contidos da intervención.

As páxinas centrais do boletín recollen un mapa no que se sinalizan os diferentes proxectos do goberno municipal dentro dun plan de inversións que ten un importe total de 3,7 millóns de euros. Trátase de obras en pavimentación e aglomerado, eficiencia enerxética, mellora de zonas verdes e equipamentos e servizos, entre outras. Dun xeito visual, a publicación sintetiza o custo de cada unha delas e o estado no que se atopa o traballo (finalizado, en proceso ou en proxecto), así como o lugar no que se levará a cabo.

Outros contidos que inclúe este primeiro número do boletín municipal son as intervencións realizadas en seis centros sociais por importe de 46.283 euros (Os Casás, A Devesana, Céltigos, San Xoán de Espasante, Ponte de Mera e Santa Marta de Ortigueira), o cambio de contedores e bases levado a cabo en diferentes puntos do Concello, o novo servizo de comunicación coa veciñanza a través de whatsapp, os obradoiros previstos polo Instituto Ortegano de Promoción Económica (IOPE) ou a aprobación plenaria do recoñecemento de facturas que permitirá abonar pagos pendentes a proveedores.

As entidades da vila teñen tamén espazo na publicación, neste caso a través de Aspromor, que anuncia a súa Festa dos Maios este mércores, día 23.

A contraportada do boletín recolle unha reportaxe gráfica da entrega de premios da Gala do Deporte.

Descarga do boletín informativo municipal

Back to top