O Concello abre o prazo de matrícula do servizo ‘Sen cole no cole’
A Concellería de Igualdade abre o prazo de matrícula do servizo “ Sen cole no cole” ata o 20 de decembro.
“Sen cole no cole” é unha das actividades englobadas no Programa Municipal de conciliación “ Conciliaortigueira” cofinanciado polo Plan Corresposables da Xunta que promove a conciliación e a igualdade de oportunidades para mulleres e homes con fillos/as a cargo.
“Sen Cole no Cole” é gratuito para todas as familias empadroadas no Concello de Ortigueira que teñen menores a cargo e desenvolvese nas instalacións do CEIP José Mª Laxe en horario de 8 a 14 horas durante o período non lectivo do nadal. As prazas serán asignadas por orde de inscrición.
As inscricións xunto coa documentación para presentar ( DNI e acreditación de emprego) deben presentarse no Rexistro do Concello ou ben pola sede electrónica do Concello.
Pincha aquí para obter a folla de inscrición.