Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CIM EXPRESA A SÚA SATISFACCIÓN POLA IMPLICACIÓN DO ALUMNADO NO OBRADOIRO DE CIBERDELITOS DE CARÁCTER SEXUAL

O Centro de Información á Muller felicita ao alumnado do IES de Ortigueira pola súa participación no obradoiro de ciberdelitos de carácter sexual, no que se lles aportou información sobre as consecuencias das prácticas de risco nestes temas. O CIM agradece a curiosidade e resposta dos estudantes e pon de manifesto a súa implicación cando, no canto de prohibirlles o uso das redes sociais, ensínanselles graficamente as consecuencias negativas que poden ter determinados comportamientos.

A entidade destaca tamén o traballo da responsable do obradoiro, María Jesús Bóo, que trasladou unha visión das consecuencias legais que poden ter as accións nas redes sociais “sen omitir que as TIC son o presente e que ninguén debe ser obrigado a abandonar o mundo dixital, que hoxe é un lugar de coñecemento”. Neste sentido, subliñou que son as persoas que acosan, ameazan e fan un mal uso das redes as que deben ser expulsados, e as mozas e mozos deben saber os mecanismos e lugares aos que poden recorrer cando se sintan vítimas dalgunha de estas situacións.

A concelleira de Igualdade, María Dolores Lamelas, destacou a importancia destas iniciativas para a mocidade, que ten as novas tecnoloxías interiorizadas como unha forma primordial de comunicación, pero na que é preciso coñecer tamén que tipo de interaccións poden desembocar nun ciberdelito.

A actividade desenvolvida no IES estivo financiada polo Ministerio de Igualdad e o Pacto contra a Violencia de Xénero.

Back to top