Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CIM ANIMA Á MOCIDADE A PARTICIPAR NO CERTAME DE VIÑETAS “MOITO POR CAMBIAR”

O Centro de Información á Muller do Concello de Ortigueira anima á participación no concurso de viñetas que organiza a Deputación Provincial dentro da programación con motivo do 8-M, que ten como lema “Moito por cambiar” e está dirixido a mozos e mozas de 12 a 18 anos en dúas categorías. O certame invita a reflexionar sobre a repercusión da pandemia no conxunto da sociedade e tamén sobre como estes efectos inflúen de forma desigual na vida das mulleres.

O prazo de presentación de traballos está aberto ata o 26 de abril.

Máis información e bases do concurso na seguinte ligazón:

IR A LIGAZÓN Concurso de Viñetas

Back to top