O ALCALDE DE ORTIGUEIRA EXPRESA O SEU PESAR POLO FALECEMENTO DE ALFONSO BALSEIRO
O alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras, trasladou hoxe a familiares e amigos de Alfonso Balseiro as súas condolencias e as da corporación polo pasamento do alcalde de Mañón, que estende ademais ao persoal e representantes políticos do concello e á súa veciñanza en xeral.
Muras lembra o carácter de Balseiro, sinxelo, próximo e servizal, así como o apoio que lle brindou sempre para que os dous concellos pudieran colaborar e prestar mellores servizos á poboación.
“Alfonso foi unha persoa moi querida por todos os que tivemos a sorte de coñecelo”, di o alcalde de Ortigueira, e engade que “foi e será un exemplo para toda persoa que se queira dedicar á política local”.