NOVO VÍDEO DA CAMPAÑA LIBERDADE DE SER E SENTIR!
Compartimos a segunda parte do contacontos de Felipe Caxoto que desenvolvido no marco da campaña Liberdade de Ser e Sentir! da Deputación Provincial da Coruña.
Estará dispoñible na web da campaña desde o xoves 25 ata o domingo 28 de xuño. “Unha Caixa de Pinturas”, trata sobre a diversidade emocional e é co que queremos chegar ás crianzas e ás familias para falar sobre a diversidade sexual e a identidade de xénero.
Por outra banda presentamos as seguintes entidades que traballan a prol dos dereitos e liberdades dos colectivos LGTBQI+:
- Sex Point CASCO. Contan co servizo Sex Point como punto permanente de información e solución ás ITS para todos os colectivos.
https://www.youtube.com/watch?v=0h_NW6vcWws
- ARELAS, Asociación de familias de menores trans*. Defenden os dereitos e intereses das persoas trans menores de 20 anos.
https://www.youtube.com/watch?v=HPCtMvZqIBY
- LES Coruña. Asociación de mulleres pola igualdade e a visibilidade de lesbianas, bisexuais e persoas trans.
https://www.youtube.com/watch?v=WYtXrIw-5jk