NO MUNICIPIO DE ORTIGUEIRA HAI 6 ORDES DE PROTECCIÓN VIXENTES DENTRO DO PROTOCOLO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O alcalde, Juan Penabad Muras, presidiu onte a reunión anual do protocolo municipal de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero, na que -entre outros temas- puxéronse en común as actuacións desenvolvidas ao longo deste ano, no que permanecen vixentes seis ordes de protección.
A xuntanza tivo tamén como obxectivo actualizar o protocolo, incorporando ao mesmo a Unidade de Violencia da Subdelegación do Goberno -cuxa xefa, María Isabel Alvarez García, asistiu xa a reunión de onte- e a área de Educación, que estivo representada por Carlos Rodríguez Legarreta, director do IES Ortigueira, e Rocío Fernández Sanesteban, directora do CEIP José María Lage.
A incidencia da actual situación derivada da pandemia da Covid-19 nas vítimas de violencia de xénero foi outra das cuestión analizadas.
No encontró participaron, ademais dos responsables xa citados, Damián Varela García en representación da Garda Civil; Diana Vales Laguna, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia de Ortigueira; Manuel Aneiros Candales, pola Policía Local; Adela Fernández Luaces, delegada no partido xudicial de Ortigueira do Colexio de Avogados de Ferrol; María Isabel Fernández Vilar, coordinadora de Enfermería do centro de saúde ortegano;; Mercedes Regueira Vale, traballadora social e directora dos Servizos Sociais municipais; Rocío Blanco Fernández, psicóloga do Centro de Información á Muller e Ana Dopico Fraga, asesora xurídica do CIM.