Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

MÁIS DE 5.000 PERSOAS UTILIZARON O SERVIZO DE AUTOBÚS GRATUÍTO AO BANCO DE LOIBA NA SEMANA SANTA

Máis de cinco mil persoas utilizaron o servizo de autobús gratuíto ao banco de Loiba establecido polo Concello durante a pasada Semana Santa. Segundo os datos facilitados pola oficina de Turismo, foron 2.653 usuarios os que se desprazaron ata o considerado como “o banco máis bonito do mundo” no traxecto de ida desde o aparcamento de autocaravanas, mentres que o servizo de volta desde o banco foi utilizado por 2.715 persoas.

O día de máis trasfega foi o sábado, con máis de 1.900 persoas entre ida e volta, seguido do venres, con preto de 1.500. O autobús funcionou de xoves a domingo.

Back to top