Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

INFORMACIÓN SOBRE A RENOVACIÓN DO DARDE

A partir do próximo 1 de xaneiro reactivarase a necesidade de renovar a demanda de emprego nas datas que indica o DARDE. Como medida excepcional, se a data de renovación está entre o 1 e o 10 de xaneiro, a demanda poderá renovarse ata o 15 de xaneiro.

Xa se enviou o primeiro email informativo ás persoas demandantes de emprego que teñen correo electrónico. Nos próximos días enviaráselles un PIN de 4 díxitos (que é persoal e intransferible) preferentemente por correo electrónico ou por SMS para o resto de usuarios (Tamén se comunicarán as datas de renovación por correo electrónico ou por SMS.). A partir do 1 de xaneiro de 2021 será posible renovar a demanda de emprego polos seguintes medios:

  1. A través da Oficina Virtual do Portal de Emprego de Galicia (emprego.xunta.gal), á que se pode acceder co certificado dixital, DNI-e ou solicitando o usuario e contrasinal nunha oficina de emprego.
  2. Desde o teléfono móbil, empregando a aplicación Mobem, dispoñible para Android e iOS.
  3. Empregando o PIN de 4 díxitos no portal https://emprego.xunta.gal/portal/gl/renovacion-pin (sen necesidade de autenticarse, como pasa na cita previa) ou mediante unha chamada telefónica ao número 012 (981 900 643).
  4. Nos Puntos de información dos concellos ou das oficinas de emprego, mediante a impresión dactilar ou PIN. Poden consultar a localización dos Puntos de Información no teléfono 012 ou no Portal de Emprego de Galicia.

O punto de información do Concello de Ortigueira non estará operativo por mor das obras que se están a facer . Unha vez que estas rematen estará de novo en funcionamento.

As personas interesadas en obter máis información pódense dirixir á orientadora laboral do Concello:

Recheo da Alameda, s/n. 1º andar.
981 400 000 (extensión 313).
Horario: de luns a venres de 9.00 h a 14.00 horas.
Persoa de contacto: Mercedes Álvarez malvarez@concellodeortigueira.com

Back to top