Inauguración do novo Edificio de Usos Múltiples (EUM)
O pasado 11 de xuño tivo lugar a inauguración do novo Edificio de Usos Múltiples (EUM), pensado para dar apoio ás agrupacións musicais do municipio como espazo de ensaio e creación.
O acto contou coa presenza do presidente da Asociación Coral Polifónica de Ortigueira, Antón Álvarez, así como do alcalde, Valentín Calvín, acompañado pola concelleira de Cultura, Ana Cartelle, e membros do goberno local.
Con esta nova inauguracion, o Concello de Ortigueira reafirma o firme compromiso e apoio da cultura e da música local, dotando ás agrupacións do municipio de espazos axeitados para o seu desenvolvemento.