III Feira Agroalimentaria e XXXV Feira do Mel no Ortegal
O 15 e 16 de novembro, Ortigueira acollerá na Alameda a máis de 25 produtores con motivo da III Feira Agroalimentaria e XXXV Feira do Mel. Estas xornadas teñen como principal obxectivo dar difusión aos distintos elaboradores e comercializadores de mel e productos agroalimentarios, e poñer en valor a excelencia da calidade dos produtos locais.
Entre os diferentes stands poderase atopar unha escolma dos mellores queixos, embutidos, hortalizas, verduras, produtos de herbolario, alimentación ecolóxica, panadería, chocolates e mel da zona.
A programación terá:
SÁBADO 15 NOVEMBRO
11:00 Apertura da feira.
12:00 Charla sobre apicultura impartida por D. Rafael Díaz Prieto.
13:15 Sorteo 1ª cesta de produtos locais.
13:45 Degustación de elaboración con queixo, mel e mazá.
17:00 Sorteo 2ª cesta de produtos locais.
17:15 Actividade Infantil: Xogos populares variados e xogos musicais.
19:30 Sorteo de 3ª cesta de produtos locais.
20:00 Peche da xornada.
Durante toda a xornada haberá un Obradoiro de candeas de cera de abella para menos
DOMINGO 16 NOVEMBRO
10:00 Apertura da feira.
11:45 Sorteo 4ª cesta de produtos locais.
11:50 Obradoiro de mel de Galicia, envoltorio de cera de abella.
12:00 Degustación de carne de pura raza galega.
13:30 AGA: Degustación de meles de Galicia.
13:45 Actuación musical de canto tradicional a cargo de “Cantareiro Donaval”
14:45 Sorteo 5ª cesta de produtos locais.
16:30 Actividade Infantil: 2Plicas conta contos “A vida das abellas nas colmeas”.
17:30 Obradoiro de extracción de mel.
18:30 Sorteo 6ª cesta de produtos locais.
20:00 Sorteo de cesta da Asociación “Recursos da Aldea”.
20:15 Peche da feira.
Durante toda a xornada haberá un Obradoiro de candeas de cera de abella para nenos.
Desde a organización animan a todos os veciños de Ortegal e arredores a acompañalos no que sen dúbida será unha saborosa fin de semana para toda a familia chea de actividades para tódolos gustos.
Actividade organizada polo Concello de Ortigueira e financiada pola Xunta de Galicia.

