Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

I Concurso de decoración de Nadal dos Centros Sociais de Ortigueira

O Concello de Ortigueira, a través da concellería de Turismo e Patrimonio, convoca o I Concurso de Decoración de Nadal de Centros Sociais coa finalidade de fomentar a participación social e as relacións veciñais nas parroquias do Concello, ao tempo que se embelecen os centros de participación veciñal con motivos propios das festas de Nadal.

Deberá decorarse polo menos un espazo interior de usos múltiples. Valorarase tamén a decoración de exterior de balcóns, fachadas, xardíns e outros espazos exteriores, así como o alumeado.

A decoración deberá estar ata o 6 de xaneiro, así como deberá ter relación coa festividade de Nadal e os motivos tradicionais da mesma, tendo as persoas participantes plena liberdade en canto a técnica, estilo e material.

O fallo do xurado farase público o martes 23 de decembro de 2025 durante o acto de entrega de premios.

CONSULTA AO ORDE COMPLETA NO BOP

Back to top