Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Formación ‘Cara B das Violencias machistas’

A Concellería de servizos sociais e Igualdade a través do Centro de información á Muller do Concello de Ortigueira, pon en marcha unha acción formativa en colaboración coa Cooperativa Arabías dirixida a profesionais de calquer ámbito, que traballan con mulleres no proceso de abordaxe das violencias machistas co fin de mellorar a súa intervención.

A formación, ‘Cara B das Violencias machistas‘ e un proxecto impulsado por Arabías e financiado pola Deputación da Coruña, de 3 horas de duración, que vaise celebrar no Centro Social San Roque, o día 17 de decembro de 9:00 a 12:00 horas.

Os contidos serán os seguintes.

  • Abordar a necesidade de enunciar as violencias en plural para visibilizar todos os tipos de violencias e ámbitos onde se reproducen.
  • Profundizar no debate entre os conceptos de vítima e supervivente, insistindo na necesidade de desbotar estereotipos vinculados co perfil da vítima perfectae apostar polo potencial do concelto de supervivente.
  • A través dos relatos das superviventes e das profesionais que participan neste proxecto, presentar unha batería de boas prñacticas para garantir procesos de intevención coidadosos e sen vulneración de dereitos por parte das institucións.
  • Rescatar recomendacións, que xorden das narrativas recollidas neste proxecto, para a mellora das políticas públicas contra as violencias e do funcionamento dos recursos especializados.

Inscríbete premendo aquí.

Back to top