Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

XXX edición da Feira do Mel e a IV da Mazá

Este evento terminou

  • Ás 13.00h: entrega de diplomas aos alumnos e alumnas do CEIP José María Lage e CEIP da Barqueira cuxos debuxos foron elixidos para a realización do cartel.
  • Ás 14.00h : a actividade trasládase ao mercado, onde haberá un showcooking do colectivo “Ortigueira entre fogones”, que prepararán diante dos asistentes petiscos elaborados con mel e mazá e con outros produtos da zona.
  • Ás 16.00h : celebrarase na carpa da feira un obradoiro de mel e unha hora máis tarde poderase participar nunha cata de cervexa artesá con mel e hidromel organizada pola empresa Cerveza Castreña. Á mesma hora, no mercado, haberá outro obradoiro, neste caso adicado aos máis pequenos.

A charanga “New Belters” será a encargada de poñer a música para acompañar o programa de actividades.

 

Back to top