Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Xornada formativa “Desgaste por empatía”

Este evento terminou

O 5 de marzo levarase a cabo a xornada formativa “Desgaste por empatía”, dirixida a profesionais que traballan con persoas en situación de vulnerabilidade. Alí estarán como ponentes Lola Ferreiro Díaz e Gema Zunzunegui Lamas.

A formación xorde despois da reunión mantida entre os departamentos de Servizos Sociais da comarca e está promovida pola Deputación da Coruña para perspoal técnico deste ámbito, dos Centros de Información á Muller e persoal sociosanitario.

A actividade, que se celebrará no Centro Social, forma parte da programación con motivo do 8M, Día da Muller. As persoas interesadas en apuntarse deberán inscribirse no mail cim@concellodeortigueira.com con data límite no 4 de marzo.

Back to top