Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Xornada Final do Programa Tech Kids

Este evento terminou

De 11.00 a 14.30 horas, Xornada Final do Programa Tech Kids en colaboración co aliado dixital Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) na Cidade da Cultura de Santiago.

Poden participar todos os rapaces e rapazas entre 10 e 17 anos. En Ortigueira terán preferencia @s alumn@s que participaron na actividade de robótica do 29 de agosto na aula CeMIT de Ortigueira.

Todas as persoas participantes recibirán unha bolsa picnic e haberá habilitada unha zona de xogos.

As inscricións xestionaranse por rigorosa orde de chegada ata o venres 25 de outubro ás 14:00 horas. Ata o mércores 16 de outubro terán prioridade de inscrición os rapaces e rapazas que participaron nas actividades do Programa Tech Kids durante o verán de 2019, e a partir desta data, asignaranse as prazas dispoñibles a todos os rapaces e rapazas interesados a través do envío dun correo electrónico.

Poden consultar o programa completo de actividades e inscribirse a través do seguinte enlace:

IR Á LIGAZÓN Xornada Final do Programa Tech Kids

Esta actividade está suxeita á axuda para o desprazamento aos rapaces e rapazas participantes nas actividades Teck Kids durante o verán de 2019 nas aulas CeMIT que se atopen en localidades a máis de 50 kms de distancia á Cidade da Cultura (tomarase como punto de orixe a localización da aula CeMIT). O importe de axudas ao desprazamento é limitado polo que se priorizará a axuda aos participantes das aulas CeMIT máis afastados. A partir do xoves 17 de outubro confirmarase se a axuda foi concedida e o importe a recibir. O importe da axuda entregarase en efectivo o día do evento xunto cun xustificante de recepción. Para recoller a axuda para o desprazamento deberá presentar o DNI ou pasaporte do pai, nai ou titor legal, indicando o nome do neno ou nena inscrito.

Back to top