Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Unidade móbil de doazón de sangue

Este evento terminou

A unidade móbil do Servizo de Doazón de Sangue estará hoxe en Ortigueira. Instalarase:

  • ORTIGUEIRA: Diante do novo Centro de Saúde – de 10.00 h a 14.00 horas, e de 16.00 h a 21.00 horas.

É importante lembrar:

  • Non esquecer o DNI.
  • Non acudir sen almorzar, e despois do xantar esperar 2 horas.
  • Informar ao médico se se está a tomar algún medicamento

O sangue non se pode fabricar e so é posible obtelo grazas á doazón de persoas solidarias que axudan a outras a recuperar a saúde. Todos os días o precisan moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia, transplantes de órganos…
Desde 1985, a doazón de sangue por lei é un acto voluntario, altruísta, anónimo, universal e gratuíto.

Cada día, os hospitais galegos precisan ENTRE 400 E 500 DOAZÓNS DE SANGUE para atender unha media de 2.700 urxencias, máis de 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos. #SÚMATEAONOSOEQUIPO

MÁIS INFORMACIÓN
Teléfono: 900 100 828 e 881546900
http://ados.sergas.es

Back to top