Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Trámites dixitais en internet

Este evento terminou

Hoxe martes 11 de febreiro de 10:30 a 11:30 h.

Gustaríache realizar trámites coa Administración sen desprazamentos nin horarios?
Esta sesión estará destinada a persoas que queiran aprender a utilizar e aproveitar as utilidades do novo DNI electrónico ou DNI 3.0. que nuns anos será o que todos teremos.
Coñecerás como obter as ferramentas necesarias para levar a cabo trámites online de forma segura. Pero para facelos é necesario posuír algúns coñecementos básicos que queremos mostrarche:

CONTIDOS:

Diferenzas entre o DNI electrónico e o DNI 3.0.
Elementos necesarios para utilizar o novo DNI.
Que é a tecnoloxía « NFC» e para que serve.
Utilización de lectores e de teléfonos intelixentes para utilizar o DNI 3.0.

Back to top