Teatro – “Tres vellas (polo menos)”
Este evento terminou
-
Data
19 Outubro, 2019
-
Hora
8:00 pm - 9:30 pm
-
Teatro de Beneficencia
Teatro de Beneficencia. Rúa do Príncipe, 2. 15330 - Ortigueira.
O Teatro de Beneficencia acolle hoxe o espectáculo “Tres vellas (polo menos)”, no que Celso Fernández Sanmartín, Quico Cadaval e José Luis Gutiérrez “Guti” obsequiarán ao público coas súas narracións orais e entrecruzadas que recollen “contos de vellas”. A función estará tamén callada de comicidade e comentarios de actualidade, aínda que esas narracións orais que veñen de atrás serán o fío condutor.
O espectáculo dará comezo as 20.00 horas e o prezo das entradas é de 3,5 euros.