Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxecto “A arte de coidarte”

Este evento terminou

A arte de coidarte pretende ser un espazo grupal onde poder poñer a conciencia no coidado propio, no autocoidado. No que as mulleres en situación de vulnerabilidade sexan acompañadas a colocar á súa vida ao centro, a pensar en si mesmas e ter en conta as súas propias necesidades de cara ao seu propio empoderamento e benestar físico, emocional e mental.

OBXECTIVOS:

● Reflexionar sobre o tempo e as accións que adicamos ao coidado e ao autocoidado dende unha perspectiva de xénero

● Aprender a administrar na nosa vida un tempo propio para o autocoidado e desenvolvemento persoal

● Coñecer e practicar accións que axuden a mellorar o noso estado de benestar emocional, mental e físico.

● Xerar unha rede de apoio emocional e social entre as mulleres participantes

Inicio o 27 de abril en sesión presencial de 18 a 20 horas no Centro Social de Ortigueira.

Información e inscripción:

  • No Cim do Concello de Ortigueira.
  • Tfno: 981 402542

ACTIVIDADE COFINANCIADA POLA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE E O FODO SOCIAL EUROPEO

Back to top