Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Patio Violeta na Biblioteca

Este evento terminou

O 15 de marzo, dentro da programación con motivo do 8M, a Biblioteca Juan Fernández Latorre inaugurará o seu Patio Violeta, un espazo centrado na igualdade, a coeducación e a prevención da violencia de xénero.

A través desta iniciativa búscase visibilizar o papel da muller e destacar obras de distintas autoras e escritoras. No patio central do centro poderanse atopar libros ou DVDs, entre outros recursos.

O proxecto nace da colaboración da Biblioteca municipal e o CIM de Ortigueira e está financiado co Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Back to top