Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Obradoiro “ O meu Corpo , a miña casa”

Este evento terminou

Continuará nos meses de Xullo e Agosto o Obradoiro “ O meu Corpo , a miña casa”, proxecto cofinanciado pola Secretaría Xeral de Igualdade e polo Fondo SociaL Europeo cunha subvención de 1.881 euros e que está enmarcado no Programa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero da Secretaría Xeral de Igualdade.

Nos obradoiros participan 14 mulleres que quincenalmente abordan diferentes temas e actividades que poñen en relación o desenvolvemento persoal e a saúde en tódalas súas dimensión e o dano sentido e causado por diferentes situacións de especial vulnerabilidade ou violencia de xénero.

O meu corpo, a miña casa” pretende ser o lema empoderante sobre o que xira o proxecto. A idea xeral é que as mulleres podan recuperar o seu corpo como un lugar de poder, recuperar o autocoñecemento a través del. Polo tanto a idea é crear un espazo onde as mulleres participantes poden experimentar, coñecerse, crecer xuntas, relaxarse e gozar. Trátase pois de apoiar unha transformación real na vida das mulleres, pola súa propia saúde individual e familiar.

 

Back to top