Obradoiro musical de Nadal
Este evento terminou
-
Data
28 Decembro, 2018
-
Hora
12:00 pm - 3:00 pm
-
Biblioteca Municipal
Biblioteca municipal \"Juan Fernández Latorre\". Rúa Márquez Cortiñas, s/n. 15330 - Ortigueira
Na Biblioteca Municipal desde as 11.00 horas, o Concello organiza este obradoiro de Xandobela “Imos a cantar o Nadal” para nenos e nenas de 4 a 12 anos (os menores de 6 anos deberán acudir acompañados por un adulto).
Proposta musical de animación de rúa que persegue difundir o patrimonio cultural inmaterial relacionado coa tradición do Nadal galego entre a xente máis nova dunha maneira creativa, participativa e amena: a literatura oral (os Cantos, os romances…); a música (os ritmos e melodías empregadas; os instrumentos…); e tamén os rituais relacionados con ir cantar os Reis e o Nadal (pedir licenza, pedir o aguinaldo, os agradecementos…).
A proposta está dividida en dous momentos diferenciados:
- Sesión didáctica e musical sobre os Cantos de Reis e de Nadal.
- Animación de rúa: pasarrúas con parella de gaita e percusión polas rúas e prazas das vilas
Prazas limitadas. Inscrición previa na Biblioteca ou no 981 400 101.