Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Musical infantil “O libro da selva” (APRAZADO)

Este evento terminou

Hoxe luns 7 ás 18.00 horas, Avento Producións levará ao Teatro da Beneficencia o musical infantil “O libro da selva”, unha adaptación das aventuras de Mowgli, Baloo, Bagheera e o resto de animais da inmortal historia de Rudyard Kipling.

As entradas véndense a 3 euros e por motivos de hixiene prégase levar o importe exacto ou pagar con tarxeta. O acceso farase 30 minutos antes do comezo da función pola traseira do teatro para acomodar ao público respectando as normas de seguridade.

A actividade, como todas as organizadas nestes momentos, está suxeita a posibles cambios derivados das directrices sanitarias da Covid-19.

Back to top