Mostra – Conversa: Cosmética natural con María Álvarez de A Esteada
Este evento terminou
-
Data
29 Maio, 2019
-
Hora
7:00 pm - 8:00 pm
-
Biblioteca Municipal
Biblioteca municipal \"Juan Fernández Latorre\". Rúa Márquez Cortiñas, s/n. 15330 - Ortigueira
Na biblioteca municipal, a partir das 18.00 horas, María Álvarez de A Esteada, será a protagonista desta mostra – conversa sobre cosmética natural, nunha nova xornada de divulgación organizada polo Concello de Ortigueira.
Esta actividade forma parte do programa “Feito a man na biblioteca” que estase a desenvolver estes meses. O obxectivo é difundir actividades (artesanía, afeccións…) levadas a cabo no municipio por diferentes persoas e asociacións, e incluirá un obradoiro para nenos e nenas impartido polo persoal da biblioteca, e unha charla e/ou exposición para adultos, levado a cabo por esas persoas ou asociacións colaboradoras.