Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

IV Trail Montes de Couzadoiro

Este evento terminou

Hoxe chega a cuarta edición da Carreira e Andaina de montaña “Montes de Couzadoiro” organizada pola Peña Ciclista Santa Marta, a Concellería de Deporte e Mocidade do Concello de Ortigueira, e a Asociación de Veciños e Veciñas de Couzadoiro.

As probas tomarán a saída na zona da pista de fútbol sala da parroquia de Couzadoiro ás 9:30h da mañá.

  • A carreira de montaña no formato Trail Longo celébrase sobre unha distancia aprox. de 25kms, acumulando un desnivel positivo de 1400 metros.
  • A carreira de montaña no formato Mini Trail, celébrase sobre unha distancia de 12kms, acumulando un desnivel positivo de 800 metros.
  • A andaina celébrase sobre unha distancia de 10kms aprox. e un desnivel positivo de 500 metros.

Máis información e inscricións na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Inscricións “IV Trail Montes de Couzadoiro”

Back to top