Exposicións “Orteganas con historia” e “Muller e ría”
Este evento terminou
-
Data
21 Outubro, 2019
-
Hora
11:00 am - 1:00 pm
-
Concello de Ortigueira
Praza de Isabel II, s/n. 15330 - Ortigueira.
Expóñense no Claustro da planta baixa do Concello fotografías antigas das mostras “Orteganas con historia” e “Muller e ría”. As imaxes que compoñen estas exposicións foron cedidas por mulleres maiores de diferentes parroquias e o percorrido que debuxan é un recurso moi valioso para coñecer a historia de Ortigueira e o papel das mulleres nela, e poderanse ver ata o día 27 de outubro.
Horario da exposición:
- Mañás: de luns a sábados, de 11.00 a 13.00 horas.
- Tardes: de martes a venres, de 17.00 a 19.30 horas.