Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Exposición de pintura de José M. Toledo Lucas

Este evento terminou

No primeiro andar, no claustro superior da Casa do Concello, durante o mes de outubro está exposta a obra do artista murciano José M. Toledo Lucas.

O artista, médico xubilado e licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca, compaxinou estudos con traballo, sen tempo suficiente para manter actividade pictórica, tan só de forma esporádica realizando algún cadro, pero sobre todo ilustracións para publicacións en revistas científicas. Na actualidade está dedicado por completo á arte do debuxo e a pintura.

Horario da exposición:

  • Mañás: de luns a sábados, de 11.00 a 13.00 horas.
  • Tardes: de martes a venres, de 17.00 a 19.30 horas.
Back to top