Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Exposición de Manuel Cobas

Este evento terminou

Exposición de Manuel Cobas Varela que se poderá visitar na sala de exposicións do primeiro andar da Casa do Concello ata o día 15 de setembro.

Reflexo do perfil marítimo do artista son a maioría das súas obras pintadas coa técnica da acuarela, a máis difícil de todas, pero só así se asemella a claridade do mar e a luz desas paraxes de Combarro, Sanxenxo, as Rías Galegas e outras. Aínda que as paisaxes e as mariñas son os temas centrais, tamén pinta froito da súa inspiración e a súa imaxinación como belos espidos, bodegóns… Os seus cadros caracterízanse pola luz, a cor e as sensacións que transmiten ao contemplalos.

Horario de apertura da exposición para o sábado 14 de setembro: de 11.00 a 14.00 horas, e de 16.30 a 19.30 horas.

Back to top