Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Entrega de premios do I Concurso de Microrrelatos “ARRÓS”

Este evento terminou

Hoxe domingo 16 de maio levarase a cabo a entrega de premios do I Concurso de Microrrelatos “ARRÓS” do

Concello de Ortigueira , na que se lerán as obras gañadoras e se realizará unha lectura en lembranza de Xela Arias, a escritora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas .
O acto comezará ás 19:30 horas, no Teatro da Beneficencia.
A entrega contará coa actuación dos monologuistas Celso Sanmartín e Quico Cadaval e pecharase coa interpretación do himno galego, a cargo dunha formación da Escola de Gaitas.
Back to top