Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Edición de imaxes e retoque fotográfico básico con GIMP

Este evento terminou

Curso que se emitirá por videoconferencia dende a aula CeMIT de Cuntis. O obxectivo de esta actividade é aprender o manexo básico do software GIMP. Empezando polo uso das ferramentas que nos proporciona este programa, aprenderemos a crear carteles sinxelos, facer pequenos retoques nas nosas fotos e realizar montaxes simples combinando os coñecementos aprendidos.
Contidos:

  • Introdución e descrición da interface gráfica
  • Conceptos básicos de imaxes dixitais
  • Uso de capas
  • Ferramentas de selección
  • Uso de outras ferramentas
  • Retoques que podemos facer nas nosas fotos
  • Cartel sinxelo
  • Montaxes simples
Back to top