Edición de imaxes e retoque fotográfico básico con GIMP
Este evento terminou
-
Data
18 Xuño, 2019
-
Hora
10:00 am - 12:00 pm
-
Aula CeMIT
Aula CeMIT. Antigo Centro de Saúde. Rúa Márquez Cortiñas, s/n. 15330- Ortigueira
Curso que se emitirá por videoconferencia dende a aula CeMIT de Cuntis. O obxectivo de esta actividade é aprender o manexo básico do software GIMP. Empezando polo uso das ferramentas que nos proporciona este programa, aprenderemos a crear carteles sinxelos, facer pequenos retoques nas nosas fotos e realizar montaxes simples combinando os coñecementos aprendidos.
Contidos:
- Introdución e descrición da interface gráfica
- Conceptos básicos de imaxes dixitais
- Uso de capas
- Ferramentas de selección
- Uso de outras ferramentas
- Retoques que podemos facer nas nosas fotos
- Cartel sinxelo
- Montaxes simples