Edición de imaxes e retoque fotográfico básico con GIMP
		 
	
Este evento terminou
- 
		
		Data18 Xuño, 2019 
- 
		
		Hora10:00 am - 12:00 pm 
- 
		
		Aula CeMITAula CeMIT. Antigo Centro de Saúde. Rúa Márquez Cortiñas, s/n. 15330- Ortigueira 
Curso que se emitirá por videoconferencia dende a aula CeMIT de Cuntis. O obxectivo de esta actividade é aprender o manexo básico do software GIMP. Empezando polo uso das ferramentas que nos proporciona este programa, aprenderemos a crear carteles sinxelos, facer pequenos retoques nas nosas fotos e realizar montaxes simples combinando os coñecementos aprendidos.
Contidos:
- Introdución e descrición da interface gráfica
- Conceptos básicos de imaxes dixitais
- Uso de capas
- Ferramentas de selección
- Uso de outras ferramentas
- Retoques que podemos facer nas nosas fotos
- Cartel sinxelo
- Montaxes simples