Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Domingos saudables

Este evento terminou

Un ano máis chegan os domingos saudables, unha iniciativa da A.D Entre dous Cabos, a cal imparte clases de Taijiquan e Qi Gong.

O obxectivo é achegar o Taiji a todas aquelas persoas que desexen coñecer este deporte e os seus beneficios, ao tratarse de exercicios que se realizan coa relaxación do corpo e sen esforzos e impactos para o corpo. É recomendado para todas as idades e condicións físicas sen importar que os practicantes teñan un coñecemento previo desta disciplina.

É unha actividade gratuíta e aberta a todo o mundo, realízase os domingos na Alameda en horario de 10 a 11 da mañá.

Back to top