Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Curso “Arqueoloxía no berce da civilización: Exipto e Oriente III”

Este evento terminou

Os estudos e a investigación no campo da Exiptoloxía e do Oriente antigo contan cunha escasa tradición en España. Este curso ten como principal obxectivo cubrir unha lagoa formativa do noso sistema universitario no ámbito da Historia Antiga Universal, dando a coñecer as contribucións da investigación española sobre Éxito e Oriente Próximo na antigüidade. Nesta edición o tema central será a cidade e a realeza e contará, ademais, cun obradoiro de introdución a escritura cuneiforme.

No Teatro de Beneficiencia desde as 9.30 horas celebrarase este curso organizado polo profesor e arqueólogo Juan Luis Montero Fenollós, da UDC. A entrada é libre ás ponencias (os matriculados teñen preferencia).

Back to top