Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Curso “Arqueoloxía no berce da civilización: Exipto e oriente II”

Este evento terminou

No Teatro da Beneficiencia desde as 9.30 h, Juan Luis Montero Fenollós dirixe este curso de verán 2018, organizado pola Universidade da Coruña coa colaboración do Concello de Ortigueira e o Centro de Estudios del Próximo Oriente (Madrid).

Os estudos e a investigación no campo da Exiptoloxía e do Oriente antigo contan cunha escasa tradición en España. Este curso ten como principal obxectivo cubrir unha lagoa formativa do noso sistema universitario no ámbito da Historia Antiga Universal, dando a coñecer as contribucións dos pioneiros e as achegas da investigación histórica e arqueolóxica española sobre as grandes civilizacións do norte de África (Exipto e Tunes) e Oriente Próximo (Iraq, Xordania, Siria e Palestina).

A entrada é libre ás ponencias, sen dereito (os matriculados teñen preferencia).

Back to top