Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Campaña de prevención da violencia no contorno veciñal “Non mires para outro lado”

Este evento terminou

Presentación da campaña de prevención da violencia no contorno veciñal “Non mires para outro lado”. Será ás 11.30 horas no salón de plenos e a continuación, ás doce, haberá unha concentración diante do Concello, na que se dará lectura a un manifesto con motivo desta data.

Os centros educativos serán unha parte importante da celebración da data. Así, no IES de Ortigueira mostrarase a exposición “Dille Non”, da Secretaría Xeral de Igualdade, mentres que no CEIP José María Lage, a partir das cinco da tarde, terá lugar unha charla-coloquio co título “A coeducación emocional: claves e pautas educativas para a prevención das violencias machistas”. A continuación presentarse o calendario do proxecto “Aulas de igualdade”.

Back to top