Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Actuacións no escenario Estrella Galicia

Este evento terminou

22 h FINALISTAS PROXECTO RUNAS
22 h BRUMAFOLK – Cantabria
23 h THE TAVERNERS – Castela e León
00 h BELTAINE – Polonia
01 h ÍMAR – Escocia / Gales

CONCURSO DE NOVOS VALORES DA MÚSICA FOLK – PROXECTO RUNAS.

Este concurso internacional no que participan grupos de procedencia nacional e internacional lévase convocando desde o ano 2000. Máis de 100 bandas de diferente procedencia pasaron xa por este concurso.

Beltaine, de Polonia, The Taverners, de Castela León, e Brumafolk, de Cantabria, son os FINALISTAS de 2018. Actuarán en Ortigueira o 12 de xullo. Cada grupo percibirá ademais 1.500 € e terá a posibilidade de actuar en 2019.
O concurso recibiu a participación de 19 bandas, de diversos países e comunidades autónomas.

Os tres grupos finalistas determináronse por un sistema de cinco votos. Un voto saíu das votacións do público na páxina web. Os outros catro proceden dun xurado composto por músicos, xornalistas musicais e promotores seleccionados polo Concello con anterioridade ao voto emitido desde a web.

Back to top