Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

EL CONCELLO ABRE LA CONVOCATORIA DE UNA BOLSA DE TRABAJO TEMPORAL PARA OPERARIOS DEL GES

O Concello de Ortigueira anuncia a convocatoria do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo para a contratación laboral temporal de operarios ou operarias do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) mediante o sistema concurso – oposición.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou esta semana as bases deste proceso destinado a cubrir as ausencias que se produzan nos postos de operario ou operaria do GES municipal debido a situacións de excedencia ou suspensión de contrato e exceso ou acumulación de tarefas na actividade normal do servizo. “Unha bolsa que permitirá dispoñer nos casos mencionados do persoal necesario, garantindo o funcionamento do servizo para os veciños e veciñas en calquera situación excepcional”, indica o alcalde do municipio, Juan Penabad Muras.

As persoas interesadas poderán presentar solicitudes nun prazo de dez días naturais a contar desde o 5 de xuño. Poderán realizarse as peticións na oficina municipal de asistencia en materia de rexistros do Concello de Ortigueira, en horario de 09:00 horas a 14:30 horas, e a través da sede electrónica do Concello https://ortigueira.sedelectronica.es/

Back to top