Doazón de sangue en Ortigueira
O mércores, 24 de setembro, a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará en Ortigueira.
Situarase na explanada diante do edificio de servizos sociais en horario de mañá, de 10.00 a 14.00 horas, e de tarde, desde as 16.00 ata as 21.00 horas.
Se tes máis de 18 anos e pesas máis de 50 kg, en tan só uns minutos podes facer un xesto que salva vidas.