DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Desde o CIM de Ortigueira queren lembrar aos veciños e veciñas que co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e as nenas, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas decidiu proclamar en 2016 o 11 de febreiro como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
Este ano 2021, Nacións Unidas adica a celebración deste día ao tema “As mulleres científicas, líderes na loita contra a COVID-19” e reunirá a expertas que traballan en campos relacionados coa pandemia de diferentes partes do mundo.
Doutra banda, a Asociación de Mujeres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT) exponnos a campaña “No more Matildas” co obxectivo de chamar a atención sobre a falta de referentes femininos en ciencia e a persistencia dos estereotipos.
Máis información na seguinte ligazón:
IR Á LIGAZÓN Web “No more Matildas”