Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A área de promoción económica e emprego nace co obxectivo de fortalecer o tecido socio-económico e o desenvolvemento do noso concello a través do Instituto Ortegano de Promoción Económica (IOPE) principalmente, así como de promover políticas de emprego encamiñadas tanto á súa creación como á mellora da empregabilidade dos veciños e veciñas.

Ambalos dous obxectivos pasan por desenvolver políticas estratéxicas de promoción do comercio de proximidade, incremento da competitividade e o crecemento do tecido empresarial ortegano (vía formación e mellora de infraestruturas), orientación laboral que promociona o autoemprego e apoia a empresarios e autónomos, facilitando tamén novas oportunidades de carreira profesional e melloras das habilidades.

Trabállase tamén de xeito transversal coas áreas de comercio e de cultura na dinamización e modernización tanto do comercio como dos recursos que desde a administración se poñen á disposición da veciñanza.

O departamento está formado por un axente de emprego e desenvolvemento local e unha orientadora laboral, e xestionado polo Concelleiro Juan Cao García

Área de Desenvolvemento Económico e Emprego

Recheo da Alameda, s/n.
981 974 101.
Horario: de luns a venres de 9.00 h a 14.30 horas. As oficinas municipais permanecerán pechadas (excepto recadación e rexistro) os días 24 de febreiro, 20 de marzo, 22 de maio, e 7, 24 e 31 de decembro. Así mesmo, os días 17, 28, 30 e 31 de xullo as oficinas municipais terán horario de atención ao público reducido de 9.00 h a 13.00 horas.
Persoa de contacto área desenvolvemento económico: Francisco José Fernández Carreja empleo@concellodeortigueira.com
Persoa de contacto orientadora laboral: Mercedes Álvarez malvarez@concellodeortigueira.com

Non hai eventos

Back to top