Curso sobre prevención das infeccións e uso dos antibióticos
O Concello de Ortigueira e a Escola Galega de Saúde para cidadáns do Servizo Galego de Saúde organizan o curso sobre prevención das infeccións e uso dos antiobióticos.
Esta actividade levarase a cabo o 26 de xuño, en horario de 17:00 a 21:00 h, no centro social de Loiba.
Os obxectivos do curso son coñecer o signficado de infección e enfermidade infecciosa; dotar das habilidades para diferenciar enfermidade vírica e enfermidade bacteriana; coñecer os mecanismos de transmisión das enfermidades; poder recoñer os principais grupos de risco e os consellos para evitar as enfermidades infecciosas.
O programa vai dirixido a pacientes, familiares e poboación en xeral e estará impartido por Enrique del Arco Herrero, licenciado en Farmacia e técnico en Prevención de Riscos. A programadora do curso é Belén Fiuza Barreiros.
As persoas interesadas poderán inscribirse no Centro de Información á Muller (CIM Ortigueira), chamando ao teléfono 981 40 25 42 ou a través desta ligazón.