Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CURSO DE DEFENSA PERSOAL PARA MULLERES PARA PREVIR SITUACIÓNS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

O pavillón do IES de Ortigueira acollerá entre os vindeiros días 13 e 15 de novembro un curso de defensa persoal e autocapacidades dentro dun programa de prevención de situacións de violencia de xénero. O Concello foi elixido para esta actividade como integrante da rede de entidades locais contra a violencia de xénero constituída no marco do acordo de colaboración asinado entre a Secretaría Xeral para a Igualdade da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias.

A iniciativa, para a que hai que se inscribir no Centro de Información á Muller antes do 12 de novembro, está dirixida a mulleres maiores de idade ou maiores de 16 anos que conten con autorización da nai, pai ou tutor/a. Desenvolverase en horario de 16 a 20 horas e será impartido por monitores e monitoras especialistas en defensa persoal e integrantes da Federación Galega de Loita.

O curso inclúe un adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación diante de diferentes situación.

Prazas limitadas (20).

Back to top