CURSO DE AUTODEFENSA PARA MULLERES OS DÍAS 9 E 11 DE SETEMBRO
A Concellería de Igualdade e Atención á Veciñanza organiza para os vindeiros días 9 e 11 de setembro un curso de autodefensa para mulleres. É unha actividade que ofrece a Xunta en colaboración coa Federación Galega de Loita para os concellos que forman parte da Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero e o seu obxectivo é formar ás participantes tanto en defensa persoal como en autocapacidades para previr situacións de violencia machista.
O prazo de inscrición está aberto ata o día 6 de setembro no Centro de Información á Muller e o horario do curso será de 16.00 a 20.00 horas no pavillón do IES de Ortigueira. Para máis información, as interesadas pódense dirixir ao número de teléfono 981 402 542.