Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CURSO DE “AISLAMENTOS E IMPERMEABILIZACIÓN”

O Concello de Ortigueira organiza un novo curso, nesta ocasión de aislamentos e impermeabilización, que terá lugar nas instalacións do Centro de Formación sito no polígono industrial de A Rega-Cuíña, e será coordinado polo servizo municipal de orientación laboral.

O curso desenvolverase do 26 de febreiro ao 2 de abril (cunha duración total de 135 horas), e impartirase en horario de mañá, de 8.30 h a 14.30 horas.

Esta formación está dirixida a persoas desempregadas e os/as interesados/as deberán matricularse rexistrando a súa solicitude acompañada pola seguinte documentación:

  • Vida laboral.
  • Tarxeta de demandante de emprego.

O prazo de inscrición estará aberto do 11 ao 19 de febreiro.

A matrícula ten que se realizar nas oficinas do Rexistro Municipal ou a través do rexistro electrónico:

REXISTRO XERAL

Praza de Isabel II, s/n.
981 400 000.
Horario de atención: de luns a venres de 9.00 h a 14.30 horas.

REXISTRO DA SEDE ELECTRÓNICA

Sede electrónica do Concello (require identificación persoal)

Back to top